Just following the road

domingo, 8 de noviembre de 2009

Retrincos

Os mortos son uns preguiceiros. Cando non rexen coa vida derrúbanse, redondos, e fican esterricados nunha postura ridícula, e ás veces indecente. Caen de calisquera xeito e non volven a erguerse. Estou por decir que paran os folgos e o corazón para repousar mellor. Serían capaces de quedarse cos ollos abertos se unha man amorosa no llos cerrase. Quedarían en cirolas e camise se non os vestisen para recibir, dinamente, a derradeira visita dos veciños. Saben o disgusto que dan á familia e nen por esas despertan. Saben o que custa un enterro, e os nugalláns mórrense para sempre. Choran ó seu redor os fillos, a muller e a sogra, i eles siguen tesos. Lévanos pechados nunha caixa de madeira e non estremecen. Lévanos para apodrecer debaixo da terra en non protestan. A terra cómeos, e os perguiceiros consinten en perde-la carne con tal de non volver á vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario